top of page

HISTORIA

A Coral Polifónica "FOLLAS NOVAS", continuadora da Sociedade Coral e recreativa Follas Novas (1930), foi fundada no ano 1944 centrando a súa actividade no campo da polifonía, tanto rexional como hispánica e estranxeira, así como no da música relixiosa, madrigalista e escénica.

 

Tomou  o seu nome da célebre obra da nosa insigne poetisa Rosalía de Castro, feito que, co transcurso do tempo, veu a marcar dunha forma importante o seu quefacer no campo da Polifonía Galega pois o seu repertorio, en boa parte, está constituido por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosaliáns.

No seu longo e brilante historial destacan os concertos de homenaxe adicados a Juan Montes (1949), Rosalía de Castro (1950,1975 e 2002) e Curros Enriquez (1951 e 2008).

 

Co gallo da primeira visita de S.S. o Papa Juan Pablo II a Santiago de Compostela, foi unha das tres únicas corais invitadas a participar nos actos que se organizaron.

 

Realizou grabacións discográficas (6 L.P. e 1 C.D.) para diversos selos, actuou repetidas veces nas televisións de Portugal, España e Galicia, realizou xiras de concertos por numerosas cidades de Francia, Portugal e España, participando nos máis prestixiosos encontros e ciclos de música coral.

O seu repertorio compóñeno obras de moi diversos autores rexionais, nacionais e estranxeiros, estreado un bo número delas e incorporando aos seus programas de concerto algunhas que estaban inéditas, tras unha labor de investigación no campo da música coral de todas as épocas.

 

A cargo desta coral estiveron as estreas mundiais da Cantata "Nova Galicia" de Rogelio Groba y Groba; as "Seis canciones gallegas" de Eduardo Rodríguez Losada e a "Misa Galega" de Rogelio Leonardo de Bouza. Recentemente estreou o "Himno a María Pita" de Pascual Saavedra, que se atopaba inédito no arquivo de música da Catedral de Mondoñedo.

Nos concertos extraordinarios que cada ano celebra na súa cidade interpretou, entre outras obras, as cantatas "Carmina Burana" de Karl Orff e "Tupac Amaru" de Enzo Gieco e Raúl Maldonado sobre poemas de Atahualpa Yupanqui coa colaboración da Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. No ano 2002 ofreceu un concerto extraordinario en homenaxe a Rosalía de Castro, coa colaboración da compañía de teatro "Casahamlet". En 2003 e también coa colaboración da Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música puxo en escea unha Antoloxía da Zarzuela.  No ano 2004 ofreceu a estrea en España da versión en Salmo Dramático de "El Rey David" de A. Honegger. No ano 2005 unha antoloxía de música popular hispánica baixo o título de "En un lugar de …" . No 2006 un concerto que baixo o título "Alén do tempo" incluíu un percorrido pola música popular de Galicia (coro, pandereteiras, grupo de gaitas e zanfona) e a estrea mundial da obra "Cantigas dos Eidos" de José Luis Evangelista Ventura. No ano 2007 e baixo o título de "A nosa música e os nosos cantos" ofreceu un concerto coa colaboración da Banda Ferrolá de Música e no ano 2009 interpretou o Réquiem de Gabriel Fauré, dentro dos Encontros de Música Relixiosa e posteriormente, no Teatro Rosalía, ofreceu, en versión de concerto a zarzuela "La Revoltosa" ademáis da súa representación en versión íntegra en 2013 no Teatro Colón.

Entre outros preciados galardóns e recompensas posee os premios do Festival Folklorico Internacional de Braga (Portugal), ano 1956; Certame Rexional de Masas Corais de Lugo, ano 1959; XX Certame Nacional de Habaneras de Torrevieja (1974); XXI Certame Nacional de Polifonía de Torrevieja, ano 1975; Certame Rexional do Bimilenario de Lugo, ano 1976 e Concurso de Panxoliñas Cidade de A Coruña, anos 1992 y 1994.

 

Asimesmo está en posesión da Medalla do Patronato Rosalía de Castro, Medalla de Ouro da Asociación "Os Fenianos" de Portugal, Medalla do Círculo das Artes de Lugo, Medalla Conmemorativa da visita de S.S. o Papa a Galicia, Placas da Diputación Provincial de Ourense e da Capitanía Xeral da VIII Rexión Militar e distincións de varios Centros Galegos, Concellos, entidades culturais, asociacións e congresos.

É participante habitual en distintos encontros de música coral: Habaneras de A Coruña, Música Relixiosa de A Coruña, Encontros de Música Coral "Fonseca" de A Coruña, Música Coral de Viveiro (Lugo), Xuntanza de Corais de Mera (A Coruña), Galicia Cantat, Galicia nos Sentidos e En Clave Coral da Xunta de Galicia, Música en los Templos de Medina de Rioseco, Festival Internacional de Corais de Ourense, etc.

 

Recientemente efectuou intercambios con outras colectividades, viaxando a Torrelavega (Santander) no ano 1997, Pola de Siero (Asturias) en 1998, Cangas do Morrazo (Pontevedra) en 1999; Medina de Rioseco (Valladolid) en 2001; Águeda (Portugal) en 2002; Tudela de Duero (Valladolid) e Lisboa en 2003; nos anos 2005 e 2007 ofreceu concertos no Casino de Madrid co gallo do "Dia das Letras Galegas"; inaugurou o ciclo de "Música en los Templos" de Medina de Rioseco (Valladolid) no ano 2005 e no ano 2008 ofreceu sendos concertos no Palau da Música de Valencia e no Auditorio Municipal de Bonrepós y Mirambell.

Dende o ano 1990 organiza os Encontros de Música Navideña "Cidade de A Coruña", que se desenvolven en diversas iglesias da cidade, clausurándose cun gran concerto no Palacio da Ópera, e nos que participan diversas corais, tanto do municipio como da súa área metropolitana e algunha formación orquestal ou banda de música.

 

Na súa nómina de Directores figuraron os mestres D. Manuel Fernández Amor, D. Jesús González de Velasco, D. José Mir Félix, D. Rogelio Groba y Groba, D. Edilberto Suárez Pedreira, D. Francisco Méndez Ruíz, D. Rogelio Leonardo de Bouza, D. Santiago Pérez Bernal, D. Jorge Berdullas del Río, D. Antonio Piñeiro Fernández, D. Viorel Tudor, D. Nicolás Cardaso Arrojo, Dña. Marta María Castanedo Sanmartin, Dña. Otilia Barón Ferrero e D. Julio Cabo Messeguer, a maioría dos cales compuxeron e adicaron as súas obras a esta Coral.

A Coral Polifónica "Follas Novas" actualmente está composta por 50 voces mixtas e baixo a dirección do Mestre D. Fernando Vázquez Arias, e a subdirección de Dª Anna Mirzoyan Mirzoyan.

Fernando Vázquez Arias

Anna Mirzoyan Mirzoyan

bottom of page